A mudanza climática é unha innegábel realidade cada vez máis patente, cuxos efectos están comezando a sentirse en todo o planeta. Non sempre se ten presente, como si indican os datos, que no centro do escenario está o sistema agroalimentario. A publicación “Cocinando el planeta. Hechos, cifras y propuestas sobre cambio climático y sistema alimentario global” pretende deitar luz sobre a achega á crise climática do sistema alimentario global.
