Archive for Abril, 2009

A Axencia Europea de Medio Ambiente foi creada para avaliar o estado do ambiente e a incidencia sobre el das políticas públicas. Aínda que está ligada aos 32 estados membros que a constitúen, procura a independencia e o rigor nos seus informes, o que a obriga a dicir non poucas verdades incómodas. Algunhas persoas mesmo […]

Crise: ameaza ou oportunidade para o ambiente?

Posted by xoseveiras on Abril 24th, 2009

María Xosé Vázquez Rodríguez, profesora de Economía da Universidade de Vigo e membro do consello de redacción de Cos Pés na Terra, reflexiona sobre a relación entre crise e medio ambiente nun artigo publicado no número 57 da revista Cerna (que a partir de agora se pode descargar gratuítamente en formato PDF). A crise económica […]

Xares, o río que nos leva

Posted by xoseveiras on Abril 23rd, 2009

“Xares, o río que nos leva” é un documental de Pedro Prada  no que son protagonistas os veciños e veciñas de Alberguería (A Veiga-Ourense), poboación que desapareceu en 1958 baixo as augas do encoro hidroeléctrico de Prada, no río Xares (subafluente do Sil). Unha historia de despoxo, de emigración, de destrución ambiental, que se […]

Somalia, de mariñeiros a piratas

Posted by xoseveiras on Abril 23rd, 2009

A armada española, xunto coas doutros estados, volve navegar os mares para combater piratas, perigosos piratas africanos que secuestran tripulacións e dificultan o abastecemento de mercadorías e de peixe á consumista Europa.  Poucas veces se relaciona a extensión dos ataques piratas en Somalia coa actividade de buques pesqueiros estranxeiros, cuxa protección é un dos obxectivos […]

“Face á aguda crise ecolóxica, até que punto estamos presenciando, coa ecoloxía política, o nacemento dunha nova ideoloxía? A esta pregunta tenta contestar este caderno a través da análise da xénese, teoría e praxe da ideoloxía verde, entendida como un sistema de pensamento político global. Após situar as súas raíces e mitos fundacionais na década […]

Joaquim Sempere —doutor en Filosofía, licenciado en Socioloxía, profesor da UB e integrante do consello de redacción da revista Mientras Tanto— ven de publicar o libro “Mejor con menos. Necesidades, explosión consumista y crisis ecológica”. Entrevistado polo diario español Público, asegura “Nos países ricos afixémonos tanto á prosperidade, ainda que hai bolsas de pobreza e […]

Que podemos agardar do goberno de Feixóo?

Posted by xoseveiras on Abril 11th, 2009

Como acontece sempre que vai mudar un goberno, semella inevitábel falarmos de expectativas, tamén de expectactivas ambientais. Segundo o seu programa electoral, para o PPdG “o desenvolvemento sostible é unha prioridade estratéxica e inaprazable cara aos vindeiros anos”. Son moitos os sinais que apuntan en sentido contrario. Un deles é que  un dos dous representantes […]

Ecosocialismo ou barbarie

Posted by xoseveiras on Abril 6th, 2009

Socialismo ou barbarie, dixo Rosa Luxemburgo no inicio do século XX, século marcado pola barbarie. A xuízo de Jorge Riechmann, hoxe habería que dicir ecosocialismo ou barbarie, “mais a barbarie do século XXI pode ser aínda moito peor que a do século XX,…”. Para facer realidade unha sociedade ecosocialista é necesaria unha banca pública forte, […]