Unha parte considerábel das emisións de gases de invernadoiro de China, a “fábrica do mundo”, están asociadas ás súas exportacións (aproximadamente un terzo, se non lembro mal). En último termo, son atribuíbeis a quen compramos produtos “made in China” fóra das fronteiras do país asiático. Parte das emisións galegas, un 14,7% de media no período […]
“A economía europea acelera a súa caída”, titulaba un xornal o sábado pasado. Unha mala noticia, porque o decrecemento económico traducirase en perdas inaceptábeis de benestar para moitos traballadores e traballadoras. Unha boa noticia, porque diminuirán as presións insustentábeis sobre o medio ambiente. Para conciliar economía e ecoloxía, Joan Martínez Alier, catedrático de economía […]
Celebrado en Bilbao a finais do ano pasado, o Seminario sobre Ecoloxía Política organizado por Bakeaz constou de tres sesións. Na primeira sesión, o escritor Jorge Riechmann disertou sobre “Modelos enerxéticos e modelos de sociedade”, concluíndo que “se non conseguimos rebaixar o consumo de enerxía primaria, todo o discurso sobre sustentabilidade sobra, é mera palabrería […]
Tempos dixital publica unha entrevista sobre consumismo e publicidade con Rodrigo Fernández Miranda, membro do colectivo “Consume hasta morir”. Nela afirma que o consumismo é máis que consumir en exceso, é facer do consumo un fin en si mesmo. “Mercar-ter-exhibir convértense mediaticamente en vías para a identificación, a afirmación, a relación co outro e a […]
25 de Xullo de 2008 o diario El País publicou unhas páxinas centrais na súa edición de Galiza tituladas “Unha ollada no horizonte”. Varias reportaxes, unha entrevista, artigos (entre eles un de cada dirixente das tres forzas políticas con representación parlamentar en Galiza) e dúas páxinas con pequenas aportacións de 15 persoas agrupadas baixo […]
O economista José Manuel Naredo, autor de “Raíces económicas del deterioro ecológico y social”, escribe no blog do consello editorial do xornal Público, no artigo “Conformismo social y bancarrota del Estado”, que “o conformismo social xerado durante a longa etapa de auxe económico dificulta agora a emerxencia de alternativas e de reformas ao actual […]