Archive for Xaneiro, 2009

SOS Amazonia

Posted by xoseveiras on Xaneiro 29th, 2009

 
A crise ambiental vai ser un asunto central nos debates da nova edición do Fórum Social Mundial (FSM)  que decorre até o un de febreiro na cidade brasileira de Belém e que se pode seguir a través da cobertura de Altermundo. O FSM ten lugar este ano Amazonia, un territorio estratéxico para toda […]

O economista Rajendra Pachauri, presidente do Grupo de Expertos da ONU sobre Alteracións Climáticas (o IPCC, polas súas siglas en inglés) e director do Instituto de Recursos Naturais e Enerxía da India, nunha entrevista moi interesante publicada no xornal El Pais, sinala a necesidade de que en Occidente limitemos o consumo para mitigar a […]

Quedan 95 meses para salvarmos o clima

Posted by xoseveiras on Xaneiro 25th, 2009

A “New Economics Foundation (NEF)”, un “think and do tank” do Reino Unido, promove, co apoio doutras entidades, unha chamativa campaña para alertar do pouco tempo que nos queda para evitarmos unha crise climática global potencialmente catastrófica. O nome da campaña é “One hundred months”, porque cen meses é o tempo de que dispuñamos cando […]

A metástase do poboamento disperso

Posted by xoseveiras on Xaneiro 24th, 2009

Albino Prada, profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, abordou as causas, os custos e as consecuencias da dispersión territorial da poboación galega nun artigo publicado en dous números da “Revista Galega de Cultura” Grial. Na primeira parte,“Causas e custos da dispersión”, recollida no número 176, céntrase nas causas da dispersión. A partir […]

Os límites do capital son os límites da Terra

Posted by xoseveiras on Xaneiro 18th, 2009

O teólogo brasileiro Leonardo Boff, un dos teóricos da Teoloxía da Liberación, quéixase, nun artigo titulado “Os límites do capital são os limites da Terra”,  da secundarización ou o silenciamento do problema, cada vez máis grave, da deterioración ambiental global. Só preocupa a crise económico-financeira, “como se somente ela constituisse a realidade realmente existente”. Se o […]