Archive for Decembro, 2008

Entregados os premios aos peores lobbies na UE

Posted by xoseveiras on Decembro 24th, 2008

Veñen de se entregar os premios da edición de 2008 do “Worst EU Lobbying Awards”, organizado conxuntamente por Corporate Europe Observatory, Friends of the Earth Europe, LobbyControl e Spinwatch. O premio máis importante foi outorgado, por votación popular, a tres lobbies a prol dos agrocombustíbeis:  o Malaysian Palm Oil Council, a brasileira UNICA e a […]

Menos para vivir mellor

Posted by xoseveiras on Decembro 22nd, 2008

Ecologistas en Acción é, entre as principais organizacións ecoloxistas españolas, a que de forma máis clara e consecuente está a avogar polo decrecemento sustentábel. Unha idea moi difícil de defender, particularmente nun país como o noso, que aínda se ve como atrasado, que cre que é xusto continuar a aumentar o consumo de enerxía e […]

Outro Nadal é posíbel?

Posted by xanduro on Decembro 18th, 2008

Quizais cumpriría dicir este Nadal é imposíbel: imposíbel polo seu exacerbado consumismo, imposíbel polo seu desbaldimento enerxético, imposíbel pola inxustiza intrínseca na que o 20% da humanidade, entre os que estamos as galegas, consumamos o 80% dos recursos, imposíbel pola súa xeración de residuos tendo en conta que tan só o 1% de […]

Consomes ou devoras?

Posted by xoseveiras on Decembro 17th, 2008

A asociación ecopacifista Verdegaia vén de presentar a campaña “Consomes ou Devoras?” sobre consumo responsábel (xusto e sustentábel). A campaña ten como base unha guía de consumo (en papel, mais tamén para consultar en liña e descarregar en formato .pdf), un sitio web (con información para o consumo responsábel, observatorio da publicidade, un […]

En que estamos fallando?

Posted by xoseveiras on Decembro 15th, 2008

“Por que o estamos facendo tan mal? Por que teñen en apariencia unha vixencia cada vez maior os valores proambientais, mentres que, sen dúbida, seguen prevalecendo as condutas antiecolóxicas? Por que tanto balbordo mediático e tan pouca acción efectiva? Por que non facemos o que sabemos que deberiamos facer para atallarmos a crise ecolóxico-social?” […]

Manter o quecemento global por debaixo dos 2ºC

Posted by xoseveiras on Decembro 9th, 2008

Para evitar unha mudanza climática catastrófica cómpre que a Unión Europea asuma un forte liderado mundial na defensa do clima. No próximo 11 de decembro os gobernos europeos decidirán a resposta europea á mudanza climática para os próximos 12 anos. Desde a web da  campaña ecoloxista “Time to lead”  podes demandar aos líderes […]

Blog de Quercus sobre a Conferencia de Poznan

Posted by xoseveiras on Decembro 6th, 2008

A asociación ecoloxista Quercus, que forma parte da rede Climate Action Network (CAN)  está representada na Conferencia da ONU sobre Alteracións Climáticas que está a decorrer en Poznan (Polonia) entre o 1 e o 13 de decembro. Un xeito recomendábel de acompañarmos o desenvolvemento desta Conferencia, de grande importancia no camiño cara a […]

O asfalto non é progreso

Posted by xoseveiras on Decembro 6th, 2008

O Plano de infraestruturas de transporte para a área de Vigo, Vigo Integra, está a suscitar un certo rexeitamento social, que seguramente irá a máis a medida que máis e máis afectados e afectadas se decaten de como empeorará as súas vidas. Un Plano desmesurado  froito do culto ao asfalto e do ecoloxismo […]