Archive for Setembro, 2008

Consumismo verde

Posted by xosemariagv on Setembro 25th, 2008

Em 1988 foi publicada no Reino Unido “A guia do consumidor verde”, todo um éxito de vendas. Pode-se ler um estracto desta na mui recomendável compilaçom de Andrew Dobson “Pensamiento verde: Una antología“. Neste mesmo livro recolhe-se um outro texto dedicado à denúncia do consumismo verde, tirado dum informe de Friends of the Earth-UK publicado […]

Incendiarios

Posted by xoseveiras on Setembro 23rd, 2008

Entre a problemática incendiaria de Galiza e a de Portugal hai moitas semellanzas. Por exemplo, nos perfís dos incendiarios. Os máis habituais non son precisamente pirómanos (persoas cunha doenza que as impulsa a prender lume), nin membros de escuras tramas organizadas por intereses económicos, nin militantes de organizacións partidarias dun ou doutro signo,…. Os incendiarios […]

Nova política da auga en Galiza?

Posted by xoseveiras on Setembro 20th, 2008

Pedro Brufao, doutor en Dereito administrativo, é un incansábel e apaixonado defensor dos ríos. Aínda que non é galego, está vencellado a Galiza por razóns familiares e segue a nosa realidade fluvial con atención. Partillei con el hai uns anos a coordenación da campaña Sobran watios.Faltan ríos vivos, organizada por ADEGA e por AEMS-Ríos con […]

Morreu Antonio Estevan

Posted by xoseveiras on Setembro 19th, 2008

Antonio Estevan, unha das mentes máis lúcidas do ecoloxismo español, morreu hoxe. Enxeñeiro industrial, militante ecoloxista vencellado a Ecologistas en Acción, consultor independente, socio fundador do Grupo Estudios e Iniciativas (GEA 21), nos últimos anos dedicouse especialmente a promover unha mudanza da política de augas, como membro destacado da Fundación Nova Cultura da Auga (FNCA […]

Malos fumes nas cidades

Posted by xoseveiras on Setembro 19th, 2008

O lema da Semana Europea da Mobilidade deste ano é “Aire limpo para todos”. Contrariamente ao que poida parecer, hai motivos para nos preocuparmos pola calidade do aire nas cidades galegas. Unha parte considerábel da poboación que vive nelas está exposta a níveis de contaminación atmosférica nocivos para a súa saúde, que afectan sobre todo […]

O proxecto Condominio da Terra lanza a Declaración de Gaia

Posted by xoseveiras on Setembro 16th, 2008

O Condominio da Terra é un proxecto promovido pola asociación ecoloxista portuguesa Quercus que pretende “harmonizar a tensão existente entre a necessidade humana de territorialidade (propriedade ou soberania) e a interdependência global das suas diversas acções, cujo corolário é a responsabilidade global originada pela unidade física e interdependente da Biosfera”. O Condominio da Terra vén […]

A agonía das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro

Posted by xoseveiras on Setembro 14th, 2008

“As Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro” é un documental de algo máis de media hora sobre os destacados valores e o lamentábel estado de conservación da que aínda é unha das tres zonas húmidas interiores máis valiosas da nosa terra. En 1999, a Consellaría de Medio Ambiente incluiu 959 hectáreas deste espazo natural, situado entre […]

Cos Pés na Terra atinxiu as 25.000 visitas

Posted by xoseveiras on Setembro 10th, 2008

Desde decembro de 2006, a web de Cos Pés na Terra rexistrou máis de 25.000 visitas e 14.548 visitantes únicos. No primeiro semestre deste ano houbo unha media mensual de 2.479 visitas. Cos Pés na Terra é un proxecto de comunicación ecoloxista promovido desde a asociación Verdegaia e dirixido por un consello de redacción autónomo. […]

Diminúe o consumo de gasolina e gasóleo en España

Posted by xoseveiras on Setembro 9th, 2008

O consumo de gasolina e gasóleo en España diminuiu máis dun 10% en xuño pasado sobre o mesmo mes do ano anterior. Nos seis primeiros meses deste ano o descenso foi do 6,2% no caso da gasolina e do 2,6% no caso do gasóleo. O que non conseguiron ”catástrofes pedagóxicas” como a marea negra do […]

PIB

Posted by xoseveiras on Setembro 7th, 2008

A evolución do Produto Interior Bruto (PIB) é hoxe a medida principal do éxito económico dun país. Mais o PIB non achega información sobre sustentabilidade. Nun capítulo de La situación en el mundo 2008, dedicado ás innovacións para unha economía sustentábel, John Talberth, da organización Redefining Progress, escribe que o PIB “é totalmente alleo á […]