Archive for Maio, 2008

O Xurado dos Premios Nacionais da Cultura Galega, promovidos pola Consellaría de Cultura da Xunta, decidiu premiar na categoría de Pensamento e Cultura Científica ao edafólogo Francisco Díaz-Fierros. O xurado destacou  “a súa capacidade para colocar na axenda da cultura galega a cultura científica e saber unir a investigación con problemáticas actuais da sociedade galega, […]

O que acontece no Brasil é especialmente importante para o futuro ambiental de toda a Humanidade. Sobre todo porque a Amazonia (Amazonía en castelán) sitúase, na súa maior parte, en territorio brasileiro. E porque a Amazonia constitúe unha fabulosa reserva de diversidade biolóxica e un enorme almacén de carbono. O que pase nela influirá, e […]

Agrocombustíbeis na revista Ecología Política

Posted by xoseveiras on Maio 26th, 2008

Moito se está a falar ultimamente de agrocombustíbeis, tamén chamados biocombustíbeis, aínda que esta denominación confírelles unha imaxe verde que, en moitos casos, non merecen. A revista Ecología Política dedica o seu máis recente número, o 34, a oferecernos “outro enfoque ao debate sobre os biocombustíbeis”. Como se apunta na introdución, e aínda que na discusión […]

Paradoxos despois da chuvia

Posted by xoseveiras on Maio 24th, 2008

“A Axencia Catalá da Auga (ACA) deseñou no seu espazo de competencia, Bacías Internas de Cataluña, unha planificación hidrolóxica exemplar; probabelmente a máis avanzada e coherente, non só de España, senón da Unión Europea, cando menos no espazo mediterráneo. Neste contexto, resulta paradoxal que a crise da seca que sofre, ou sofreu, Barcelona estea sendo […]

Necesidades, economía sustentábel e autocontención

Posted by xoseveiras on Maio 14th, 2008

O medio ambiente e a calidade da democracia, a crise enerxética ou a política ambiental abordados desde a óptica da economía ecolóxica son algúns dos temas que se analizaron na última sesión do Seminario ISTAS-CSIC/CIP-Ecosocial, en colaboración coa Rede de Economía Ecolóxica de España, que se celebrou en febreiro pasado no Círculo de Bellas Artes de […]

Suficiencia e sustentabilidade

Posted by xoseveiras on Maio 6th, 2008

“Vivir (bien) con menos. Sobre suficiencia y sostenibilidad” é un libro, editado por Icaria no ano pasado, composto por catro ensaios: dous de Manfred Linz –“Sobre suficiencia y vida buena” y “¿Y qué pasa con la economía? Sobre suficiencia, crecimiento económico y desempleo”-; un terceiro de Joaquim Sempere -“¿Es posible la austeridad voluntaria en un […]

A história das cousas

Posted by xosemariagv on Maio 4th, 2008

A história das cousas é um mui interesante filme de 20 minutos escrito e narrado por Annie Leonard e produzido por Free Range Studios (estes últimos autores tamém de The Meatrix e Grocery Store Wars), umha olhada rápida e completa ao padrom de produçom e consumo dos EUA e às suas conseqüências ambientais e […]