Archive for Febreiro, 2008

O condominio da Terra

Posted by xoseveiras on Febreiro 28th, 2008

O noso coñecemento das interligazóns entre a códea terrestre, o mar, a atmosfera e os seres vivos e o enorme desafío que representan os problemas ambientais globais, nomeadamente as alteracións climáticas, obriga a unha actualizacións da idea de soberanía, a substituírmos o vello concepto de veciñanza fronteiriza polo de veciñanza global.  Perante esta cuestión, o […]

Pararmos as agresións á Terra, en e desde Galiza

Posted by xoseveiras on Febreiro 21st, 2008

Xosé María García Villaverde, membro do consello de redacción de Cos Pés na Terra,  é un dos autores do libro “A Galiza do século XXI” (Abrente Editora, 2007), ao que achegou o ensaio “Pararmos as agressons à Terra, em e desde Galiza”,  sobre o cal podemos  ler isto nunha crítica do libro asinada por Daniel […]

Jorge Riechmann posúe unha das cabezas “mellor amobladas” do ecoloxismo. Profesor de filosofía moral da Universidade de Barcelona, doutor en Ciencias Políticas, investigador no Instituto Sindical de Traballo, Ambiente e Saúde (ISTAS), poeta e autor de ensaios como “Biomímesis” (sobre o que publicamos unha reseña no número  3 da revista Cos Pés na Terra), “Transgénicos: […]

Contaminación química

Posted by xoseveiras on Febreiro 12th, 2008

A contaminación química é unha das maiores ameazas para o medio ambiente e para a saúde humana. No vídeo Contaminación química.Todo o que nunca imaxinou ter que preguntar sobre os químicos mais que debería ter preguntado! dase resposta ás principais preguntas que nos podemos facer sobre os riscos para a nosa saúde da exposición cotiá […]

Unha lousa sobre O Courel

Posted by xoseveiras on Febreiro 9th, 2008

A produtora Nanche Films vén de presentar o seu segundo documental, Unha lousa sobre o Courel. O seu obxectivo é “romper o muro de desinformación “interesada” que se teceu arredor da canteira da Campa, na serra do Courel, tratando de facer crer aos seus habitantes que a única alternativa de emprego pasa pola existencia da […]

Máis estradas, máis tráfico, máis insustentabilidade

Posted by xoseveiras on Febreiro 7th, 2008

Ollando cara ao 9-M, as forzas políticas compiten por se presentar perante o electorado como as mellores garantes de que Galiza terá, máis cedo que tarde, as infraestruturas  de transporte por estrada das que “precisa” para cubrir o seu “déficit de infraestruturas”. É éste un déficit que, por máis e máis quilómetros de estradas que […]